jueves, 26 de marzo de 2020

EXERCICIOS DE REPASO

  ☺
EXERCICIOS LÉXICO SEMÁNTICOS
-         Exercicios de vocabulario básico: nomear as partes do corpo, animais, alimentos, prendas de vestir, xoguetes, da casa, do colexio, transportes, oficios, etc.   😽  🐬🐴🚀✈🏄
EXERCICIOS DE EXPRESIÓN ORAL
-         Denominar obxectos
-         Denominar obxectos en láminas
-         Denominar obxectos que vexamos pola casa
-         Denominar obxectos que empecen pola letra….
-      Falar de actividades feitas o día anterior: Que fixemos onte pola mañá?
-         Que fixemos pola tarde?🌞🌙
-         Responder a preguntas: que? quen? Diante de debuxos ou accións.
-         Comentar fotos
-         Que responda a preguntas: De que cor é?, De que forma é?, Como é?,
-         Que compare obxectos e os describa
-         Que responda a preguntas: Onde está?, Por onde?
-         Que responda a pregunta: Como o fai?
-     Que describa un animal ou un obxecto segundo as súas cualidades , Como é o gato?
-         Describir persoas segundo as súas cualidades👪👱👮
-         Describir unha acción, por exemplo, que fas para peitearte?
- Que describa unha lámina, tendo en conta cualidades, nocións temporais, situacións espaciais e relacións interpersoais.
-    Que describa por evocación, un obxecto, unha persoa ou un animal que non este presente.
-    Que invente ou acerte adiviñanzas a través das descricións de obxectos, persoas e animais (xogo do veo, veo)

NARRACIÓN
-         Que narre un feito ocorrido
-         Que narre unha experiencia vivida fai tempo   🎅🎃🎢🎡
-         Que invente un feito que non aconteceu  
-         Que narre algo tendo en conta a secuencia temporal, por exemplo, que fai dende a mañá ata a noite seguindo unha orde temporal.
-     Traballar contos seguindo as seguintes pautas: que explique un conto que acaba de escoitar, que remate un conto que xa coñece, que poña un título a un conto que se lle contou, que invente outro final de un conto que xa sabe, que invente un conto, reproducir un diálogo dun conto coñecido, inventar un diálogo entre dous personaxes.👪👭👧
COMPRENSIÓN DE FEITOS NARRADOS
-         Debuxar o significado dunha frase.
-         Debuxar un conto explicado.
-         Debuxar dous momentos do conto un do principio e outro do final.

ACTIVIDADES DE RAZOAMENTO
-         Clasificar nomes de persoas, animais, plantas, flores,“dime destes animais cales son os que viven na granxa…” 🌸🐇🎅🎃
-         Dicir a que categoría pertence cada un dos obxectos que se presentan: mazá, pera, laranxa, plátano…)
-         Que note cal é o elemento que non pertence a unha categoría que lle damos en imaxes: gato, can, cadeira, elefante…🐘
- Que identifique as semellanzas e diferenzas entre os elementos, recoñecendo as características que lle son comúns e as que non. Ex: En que se parecen un calcetín e un zapato?, En que se diferencian un libro e un caderno?. 👢👞

                          --------------------------------------------

        

     😉 Un saúdo



No hay comentarios:

Publicar un comentario